O programa cultural de Abegondo para outono inclúe diversos espectáculos

Presentación da programación
A cultura terá moito protagonismo en Abegondo con chegada do outono. O Concello lanza unha ampla programación de espectáculos e eventos culturais para este trimestre, unha oferta nova e que pretende ademais aproveitar a creación durante este ano do centro cultural O Salón, en Mabegondo.
O chamada “Outono Cultural” contará con recoñecidos artistas que farán as delicias do público abegondés de calquera idade. O humor, a escenografía, a música ou a interpretación serán os xéneros que se cultiven. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, foi o encargado de presentar, na noite de onte, o programa a diferentes agrupaciones e artistas do municipio. No público puidéronse ver a personalidades culturais como o ilustrador Suso Cubeiro ou o escultor Francisco Escudero.
A programación comezará mañá, xoves 3, co primeiro acto do Festival Internacional de Títeres que organiza o Consorcio As Mariñas. O “Outono Cultural” de Abegondo será o seguinte:
· IX Festival Internacional de Títeres: “Historias de Pelos.2”. Xoves 3 de outubro. CEIP San Marcos. A cargo da compañía Títeres Larderos, de Castilla A Mancha.
· María do Ceo “Fado con outro acento”. Sábado 5 de outubro, 20.30 horas. Igrexa de Nosa Señora da Saleta (Presedo).
· IX Festival Internacional de Títeres: “A pequena lua”. Domingo 13 de outubro, 12.15 horas. Campo dá Feira de Abegondo. A cargo da compañía “A xanela do maxín”, de Galicia.
· Trasno. Venres 18 de outubro, 17.30 horas. Campo dá feira de Abegondo. Pablo Trasno é un dos maiores referentes do novo circo galego. Leva máis de 1.000 funcións en países como España, Portugal, Reino Unico, India, Rusia, Cuba ou Brasil. Fará un show na rúa pensado para os máis pequenos.
· Sergio Pazos: “Sé galego my friend”. Sábado 19 de outubro, 22.30 horas. Centro cultural O Salón.
· Carlos Branco: “Teño días”. Venres 25 de outubro, 22.30 horas. Centro Cultural O Salón.
· Son de Dous. Concerto didáctico. Venres 27 de decembro, 20.00 horas. Centro cultural O Salón. Espectáculo musical para achegar a riqueza musical intercultural á mocidade, desde ritmos africanos ata a música tradicional galega.
Para levar a cabo este programa, ademais da organización do Festival de Títeres por parte do Consorcio As Mariñas, o Concello conta co financiamento da Consellería de Cultura e da Diputación da Coruña. A entrada aos eventos será totalmente gratuita. O goberno local apostou por propiciar ao máximo o acceso á cultura por parte dos veciños.
O alcalde destacou na presentación a “enorme calidade” do programa deseñado e o extraordinario de recibir a artistas deste renombre, polo que anima aos veciños a programarse para acudir aos eventos. Santiso apuntou a reforma do Salón de Mabegondo, para convertelo en centro cultural, en “clave” para que Abegondo poida acoller esta clase de actos. Sinalou que malia a complicada situación económica actual, o Concello aposta por potenciar, na medida llas súas posibilidades, a actividade cultural, como proba tanto esa obra de O Salón como a creación desta axenda de actos.











