publicidade hoxe

O programa “Clara” de Piñor céntrase na loita contra a discriminación de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa da posta en marcha dun novo programa denominado “Clara”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo “Loita contra a Discriminación 2007 – 2013”, promovido polo Instituto da Muller e desenvolto en colaboración con entidades locais. O interese do Concello de Piñor no eido social, máis concretamente na loita para a igualdade de xénero, prevención e intervención en situacións de violencia machista e na inserción sociolaboral é moi patente, contando para elo co Programa de Educación Familiar nos Servizos Sociais municipais e co desenvolvemento do II PIOM (Plan municipal para a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes) co cal na área de “Formación e emprego”, o Concello de Piñor comprométese a favorecer o acceso das mulleres ó mercado laboral, como un obxectivo prioritario.

O traballo con colectivos en risco de exclusión é a base de dito programa, que na actualidade está financiado o 100% por parte do propio concello. Na actualidade, percibindo a situación de crise actual e o aumento do desemprego e das dificultades para atopar emprego nestes colectivos, e sempre dando esa perspectiva de xénero ás actuacións sociais, dende o Concello de Piñor tratouse de conquerir un proxecto destinado precisamente á persoas con risco de exclusión social, concretamente, a mulleres en situación de desemprego, para servir de apoio e guialas no proceso de inserción laboral. Neste eido, o empeño e implicación do Concello de Piñor permitiu a súa integración dentro da rede de entidades locais beneficiarias do Programa Clara, sendo un dos 3 concellos a nivel autonómico que así o conseguiron, e que permitirá unha intervención directa e innovadora que suporá un antes e un despois na situación laboral municipal.

O obxectivo prioritario do Instituto da Muller é facilitar e apoiar o acceso das mulleres os dereitos sociais, económicos e laborais. Dentro deste marco, xunto coas entidades seleccionadas entre as que se atopa o Concello de Piñor, propícianse actuacións dirixidas a inserción social e laboral das mulleres, en especial aquelas abocadas a exclusión social e laboral por dispoñer de menos oportunidades, debido a diversas situacións que as fan máis vulnerables.

Para desenvolver este obxectivo, facilitando a autonomía e independencia das mulleres participantes e, polo tanto, situalas  en igualdade de condicións no mercado laboral, realizarase un proceso que consta de dúas fases.

A primeira está relacionada co itinerario persoal e  trabállanse aspectos como a motivación o incremento da autoestima, a detección de necesidades, etc. Con este fin lévanse a cabo sesións onde se procura o incremento da confianza das mulleres participantes, para que se convirtan en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral.

Na segunda fase abórdase o itinerario profesional. Este punto está subdividido en varios pasos.

– información e orientación: onde se levará a cabo a definición  do perfil profesional tanto a nivel persoal como grupal.

– formación: derivado da fase anterior realizarase unha formación “a medida” para as participantes, adaptada ós xacementos de emprego da localidade e relacionando ó perfil das mesmas a posibles postos de traballo.

– procura de emprego. Unha vez rematados os procesos anteriores realizarase un acompañamento na inserción real tanto por conta allea como propia.

7 de outubro de 2013 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.