O primeiro premio do concurso de integración paisaxística de Ence recae no Estudio Orts-Trullenque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Entrega dos galardóns

Entrega dos galardóns

O Edificio Sarmiento acolleu esta mañá a entrega de premios do concurso de integración paisaxística de Ence nun acto no que estiveron presentes o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o presidente de Ence, Juan Luis Arregui, e o director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, Enrique Valero.

Ence entregou catro dos seis premios. O proxecto “Materia Propia”, de Estudio Orts-Trullenque, de Marta Orts e Carlos Trullenque, recibiu o primeiro premio; o segundo foi para o proxecto “O Barco da Bela Helenes”, de Ignacio Ruiz Rodríguez. Ademais dos proxectos presentados baixo o lema “A mari usque ad mare”, de Juan Sánchez Chatar, e “Cambium”, de Estudio UNO20 Arquitectos, con Pedro Rodríguez Cantalapiedra, recibiron accésits “Desdibujar” e  “O bosque encantado”.

Rafael Louzán sinalou que estes premios de integración paisaxística responden ó esforzo de Ence por “reducir a contaminación visual, ó igual que fixo para reducir a contaminación lumínica, a ambiental, a acústica ou os olores. Uns esforzos que levaron a Ence a ser hoxe unha referencia mundial en cumprimento da normativa ambiental”.

O presidente da Deputación sinalou ademais que estes premios son “un exemplo da vontade da empresa por implicarse na sociedade, na provincia e na cidade na que se sitúa; unha mostra máis de que quere seguir colaborando con elas repercutindo parte dos seus ingresos en beneficio social”.

8 de outubro de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.