O presidente da Deputación de Pontevedra preside a visita a Madrid de ministros bosníacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPontevedra
A-
A+
Louzán cos ministros

Louzán cos ministros

Rafael Louzán, presidente da Deputación, recibiu en Madrid, na súa calidade de presidente da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a unha delegación de 14 persoas de Bosnia-Herzegovina presidida polo Ministro de Asuntos Exteriores, Mirko Sarovic; a Ministra de Ordenación do Territorio, Srebrenka Golic; e a Ministra de Medio Ambiente e Turismo, Branka Duric.

A recepción da comitiva bosníaca tivo lugar na sala de xuntas do Goberno da FEMP.

Louzán explicoulle á delegación bosníaca as actuacións que a FEMP está a desenvolver en dous ámbitos. Dunha banda, na área de Medio Ambiente e, doutra, no eido das relacións internacionais nese mesmo tema.

No primeiro campo, Louzán informou ós Ministros bosníacos e ós técnicos acompañantes dos instrumentos especializados da comisión que preside sobre a Rede de Biodiversidade para os temas ambientais e sobre a Rede Española de Cidades polo Clima para os temas de cambio climático. No ámbito das relación internacionais, informoulles do reforzo da participación dos gobernos locais (os concellos) nas esferas internacionais e do fomento da súa participación en proxectos europeos.

A visita a Madrid da delegación bosníaca enmárcase no eido dun proxecto europeo sobre ambiente e no seu interese en coñecer que actuacións concretas está a levar a cabo a FEMP neste campo.

1 de outubro de 2013 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.