O porteiro celeste Rubén permanecerá entre 12 e 15 días de baixa por unha rotura fibrilar

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

O porteiro do Celta B Rubén Blanco sofre unha pequena rotura fibrilar, de grao I, no adductor da súa perna dereita, segundo revela a ecografía que lle realizaron hoxe ao novo xogador celeste os servizos médicos do club. O gardameta internacional céltico, quen se lesionou durante o partido do pasado domingo ante o Zamora no Estadio da Ruta da Prata, permanecerá de baixa entre doce e quince días.

9 de outubro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.