O Pleno vigués solicita, por unanimidade, a incorporación de Vigo á “Rede de cidades pola accesibilidade”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

A unanimidade do Pleno deu luz verde á solicitude da incorporación de Vigo á “Rede de cidades pola accesibilidade”, a través do deseño de espazos públicos que propicien lugares accesibles. Na sesión desta mañá tamén se aprobou, co voto do PP e do PSOE e a abstención do BNG, instar ao goberno municipal a por en marcha os mecanismos orientados a consolidar e fortalecer o turismo na cidade de Vigo con iniciativas de interese para os visitantes.

Por último, a terceira das mocións do PP, neste caso so co voto popular e o voto en contra dos outros dos grupos, solicita ao goberno local a acometer todas as accións necesarias para mellorar a mobilidade nesta cidade. En primeiro lugar, abogan por instaurar no prazo de 6 meses unha tarxeta metropolitana que permita unha reducción no custe para os usuarios de entre un 30 e un 60%, permitindo unha mellor conectividade coa área metropolitana e o resto de Galicia. Tamén abogan por instaurar no mesmo prazo de tempo unha tarxeta urbana de tarifa plana que permita aos usuarios máis desfavorecidos beneficiarse dos transmporte urbano a un custo moi reducido.

1 de outubro de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.