O Plan Formativo da Concellería de Voluntariado organiza cinco novos cursos e obradoiros para os voluntarios
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Voluntariado, Mónica Vázquez, presentaron o Plan de accións formativas que desenvolverá a Concellería de Voluntariado durante o último trimestre do ano 2013, dirixidas a persoas voluntarias e a responsables de voluntariado en entidades de acción voluntaria. O programa inclúe un total de 5 accións formativas:
– Curso de iniciación ao voluntariado (días 29 e 30 de outubro)
– Ferramentas para o voluntariado de acompañamento social (4 ao 7 de novembro)
– Obradoiro de Risoterapia e Relaxación para persoas voluntarias (12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro)
– Curso de formación para persoas responsables de voluntariado nas entidades (20 a 22 de novembro)
– Curso sobre o recurso audiovisual como ferramenta de intervención en voluntariado (9 ao 13 de decembro)
Os cursos estan deseñados para aquelas persoas que xa comezaron á súa labor de voluntariado, e polo tanto queren afondar ou traballar contidos mais específicos, e nesta ocasión tamén a persoas responsables de voluntariado nas distintas entidades ourensás.
Os interesados poden inscribirse entregando a ficha de inscrición na Concellería de Voluntariado (Praza de San Martiño, 2, 2º andar), de 9:00 a 14:00 horas, ou na Oficina de Atención ao Cidadán, de 16:00 a 20:00. A solicitude pode recollerse tamén a través das webs do Concello (www.ourense.es) e Concellería de Voluntariado (www.ourensevoluntario.org).
Os cursos son gratuítos, sendo o único requisito para poder participar no curso de Iniciación ao Voluntariado, estar inscrito como voluntario/a na Oficina Municipal. Para o resto dos cursos, será preciso ademais ter realizado o curso de iniciación ou acreditar ter recibido formación básica en voluntariado. Cada curso ten 22 prazas, agás o de risoterapia, que conta con 25.











