O obradoiro “Agrolalín” céntrase no acondicionamento do Pazo de Liñares e na horticultura e floricultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Posta en marcha de "Agrolalín"

Posta en marcha de “Agrolalín”

María José Batán abriu a quenda de intervencións e dixo que é o oitavo obradoiro co que se pretende fomentar o autoemprego, deu a benvida aos participantes e indicoulles que agarda que a través deste programa se mellora a empregabilidade dos 20 alumnos, 11 homes e 9 mulleres (30% menores de 30%; 40% entre 31-40 anos e 30% maiores de 40 anos).

Ana Ortiz destacou que Lalín é un dos 13 concellos da provincia de Pontevedra que conta con obradoiro de emprego e destacou o esforzo inversor da Xunta na provincia neste tipo de iniciativas cun investimento de algo máis de 2 millóns de euros.

José Crespo pechou o turno de intervencións agradecendo á Consellería de Traballo e á delegación territorial da Xunta en Pontevedra o esforzo para que Lalín estivese de entre os 62 concellos da provincia entre os 13 que contan con obradoiro. Indicou que nestes momentos é importante a formación e a reciclaxe para mellorar ás posibilidade de atopoar un emprego.

Así mesmo precisou que este é o oitavo obradoiro desenvolvido polo Concello de Lalín e que a través dos anteriores se levaron a cabo actuacións como rehablitación dunha vintena de locais sociais, mercado de gando, campo da feira, edificio da Uned, entre outras moitas actuacións.

Con este novo obradoiro centrado nas especialidades formativas: pavimentación e albanalería e horticultura e floricultura. Permitirá acondicionar o entorno do Pazo de Liñares mediante a realización de obras de urbanización e restauración do contorno paisaxístico e que xunto co programa Depodeza permitirá ter habilitado totalmente o Pazo de Liñares.

Así mesmo “Agrolalín” tamén formará en horitcultura e floricultura; a produción derivada do desenvolvemento deste programa destinarase a banco de alimentos xestionado polo departamento de servizos sociais e no caso das hortalizas aos actos e eventos do Concello, no caso da produción cortada.

16 de outubro de 2013 | 02:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.