O novo Centro de Visitantes do xacemento romano de Toralla, en Vigo, percibe 661.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Caballero na visita ás obras

Caballero na visita ás obras

Abel Caballero, acompañado polos tenentes de alcalde, Carmela Silva e Carlos Font, visitou este venres os traballos de adaptación do antigo chalé de Mirambel no futuro Centro de Recepción de Visitantes do xacemento da vila romana de Toralla.

O prezo total de adxudicación da reforma ascende a 661.000 euros, cun prazo de garantía de 72 meses e o compromiso de mantemento do inmoble polo mesmo periodo. O Concello de Vigo acomete esta infraestrutura cunha subvención do Ministerio de Cultura dun millón de euros, concedida polo anterior Goberno de España e ratificada polo actual. O proxecto inclúe a rehabilitación do devandito edificio, o proxecto museográfico e a urbanización do entorno, contemplando reformas extraordinarias e complementarias polas catas arqueolóxicas realizadas, como un novo peche, “para asegurar que toda a riqueza arqueolóxica que alberga esta zona se mantén intacta”, explicou o alcalde.

Explicou Caballero que, unha vez entre en funcionamento, o Centro -anexo ao xacemento aberto polo Concello en 2007- ocupará unha superficie total de 270 metros cadrados, divididos en dúas plantas, e revestido en madeira para integralo no entorno. Ambos andares acollerán salas que divulgarán a historia da vila romana.

25 de outubro de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.