O “Meeting Internacional de Optimist” quenta motores na Semana do Atlántico Cidade de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo prepárase para o segundo ciclo deportivo da Semana do Atlántico Cidade de Vigo. Novamente, máis de 250 deportistas vidos de toda Europa se darán cita na ría de Vigo para disputar unha das regatas máis emblemáticas da vela lixeira europea: o Meeting Internacional de Optimist.

Máxima rivalidade na cita reina da Semana do Atlántico Cidade de Vigo

Como era de esperar, e como xa aconteceu en anos anteriores, ninguén quixo deixar de asistir ao recoñecido Meeting Internacional de Optimist, polo que na liña de saída estará gran parte dos mellores regatistas da categoría reina da vela infantil a nivel nacional e europeo.

Así, o campión de España Albert Torres do R.C.N. Palma será un dos favoritos para estar no máis alto da táboa xunto coa tamén balear Aina Colom -actual subcampiona de Europa e de España en categoría fenemina- e o catalán Albert Gelpí, membro do equipo nacional de Optimist, entre moitos outros regatistas destacados.

Pero non só os españois son favoritos a levarse o título, senón que un gran número de regatistas internacionais pelexarán ata o final por proclamarse campións da cita viguesa. Portugal, que estará presente con máis de 70 regatistas; Gran Bretaña, que contará co regatista internacional Milo Gill-Taylor e Lituania, que xa leva dende o pasado sábado adestrando na cidade olívica para a que será a súa terceira participación no Meeting Internacional, serán tamén protagonistas en augas da Ría de Vigo durante o próximo fin de semana.

Os galegos, máis fortes

En canto á participación galega, a Semana do Atlántico Cidade de Vigo estará representada polos mellores regatistas de toda a xeografía galega. Os tres primeiros do ranking autonómico, Jaime Lusquiños do R.C.N. Vigo, Roberto Bermúdez de Castro do R.C.N. Coruña e Martín Wizner tamén do R.C.N. Vigo postúlanse tamén como favoritos a levarse o triunfo do Meeting Internacional. En categoría feminina, a viguesa María Diz é unha aposta segura neste Meeting Internacional de Optimist de la Semana del Atlántico Ciudad de Vigo.

30 de outubro de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.