O Local de ensaio acolle a presentación do último videoclip de Malkeda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Local de música acolle este sábado, a partir das 19.00 horas, a presentación do novo vídeo de Malkeda “Amor por sexo”, producido por Juan-L ACC e un proxecto persoal de Juanele, baixista de Malkeda. Foi en setembro cando a banda galega presentaba o primeiro videoclip do novo traballo “Un día sin ayer”, o tema escollido naquela ocasión foi “Al otro lado”.

Pasados dous meses daquela presentación, volven a sorprender cunha nova videoproducción, dirixida polo baixista da banda. O tema escollido foi “Amor por sexo”. A entrada é de balde, pero o aforo limitado.

30 de outubro de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.