O Jofre de Ferrol acolle a obra “O Refugallo” gañadora do VI premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
A compañía Berrobambán presenta este domingo, día 3 de novembro, o seu teatro infantil “O refugallo” no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e forma para da nova programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
Esta obra foi galardoada co VI Premio Manuel María de literatura dramática infantil, e o xurado do certame destacou que “conxuga a diversión cun certo didactismo e a presenza de valores útiles para a reflexión crítica sobre a sociedade de consumo. Ademais, define á perfección os caracteres dos personaxes polo que se fai especialmente fiable para unha posta en escena para a infancia e a xuventude”. O argumento céntrase en catro amigos que xogan a construír un novo mundo a partir de todo o vello e roto que os rodea. Como nenos que son, saben ver a vida de outra forma, fronte á sociedade na que se impón o frenético consumo de usar e tirar.
Tickets para o espectáculo
As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











