O Jofre de Ferrol acolle a comedia “Esta noche no estoy para nadie” con Gisela, Kiti Mánver, Bruno Squarcia e David Ordinas

Unha escena da comedia. Foto: Sergio Parra
A comedia musical “Esta noche no estoy para nadie” será representada este sábado, día 26, no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e forma para da nova programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
Gisela, Kiti Mánver, Bruno Squarcia e David Ordinas son protagonistas desta divertida comedia orixinal de Juan Carlos Rubio estreada en 1997 con Esperanza Roy como protagonista e que dende entón subiuse aos escenarios de varios países americanos, cun enorme éxito de público e crítica. Agora o seu autor, coa colaboración de Raúl Gama (música) e Isabel Montero (letras) transformouno nun musical 100% español que ofrece ao público 12 marabillosas cancións especialmente creadas para o espectáculo.
Ano 1981, unha nai e unha filla, de caracteres oposto, vense obrigadas a compartir piso dadas as estreiteces económicas nas que se viron inmersas a raíz dos seus respectivos divorcios. Ao longo dunha tola noite, na que non faltan as visitas dos seus respectivos ex, as verdades e mentiras, as máis íntimas fantasías e os desexos ocultos sairán á luz, provocando unha tormenta de risas e equívocos.
Tickets para o espectáculo
As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











