O índice de acometida da rede de saneamento na parroquia de Cela elévase ao 87%

A rexedora na visita ás obras
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Saneamento e Abastecemento, Camilo Augusto, informaron do inicio de dúas obras de saneamento na parroquia de Cela.
Trátase, en concreto, duns traballos de acometida de varios ramais de alcantarillado na zona da Lagoa, que xa se atopan prácticamente rematados e que se financian con fondos propios municipais do Concello de Mos. E de obras de instalación dun novo tramo da rede de saneamento gracias á que se cubrirá toda a parte alta da zona de San Cosme e que están financiadas pola Deputación de Pontevedra.
Con estes traballos acometidos pola administración provincial procederase tamén a rematar na súa totalidade os enganches mediante acometidas domiciliarias á rede de saneamento de toda a zona alta de San Cosme e da zona da Lagoa, lugares ambos nos que xa existían algunhas acometidas realizadas e outras quedaban pendentes de execución. As pendentes veranse feitas xa realidade unha vez rematadas estas obras.
O edil Camilo Augusto informou esta mañá de que o orzamento total destas dúas obras, tanto a da Lagoa coma a de San Cosme, ronda a cifra de 100.000 euros. Augusto explicou tamén que se prevé que os traballos se atopen xa totalmente finalizados no prazo aproximado dun mes.
O concelleiro tamén explicou que, entre as dúas obras, os tramos de alcantarillado acometidos suman uns dous kilómetros de lonxitude.
Son moitos os habitantes da parroquia de Cela que se verán beneficiados por estas obras, en total serán 400 veciños e veciñas das zonas da Lagoa e San Cosme; veciños que recibirán servizo de saneamento gracias a estes traballos.
Unha vez rematadas as obras, a parroquia de Cela contará co 87% da rede de saneamento acometida, quedándolle tan só un 13% para chegar ó saneamento integral da parroquia.
Sobre estes traballos que actualmente se están a levar a cabo, Camilo Augusto declarou que “demostran, unha vez máis, que o equipo de goberno local mosense continúa a súa aposta polo saneamento como unha das principais prioridades da súa política de xestión municipal, e que seguiremos traballando tan intensamente coma ata o de agora ata chegar a lograr o saneamento integral en cada unha das dez parroquias mosenses e, polo tanto, en todo o Concello de Mos”.











