O II Torneo de Hockey sobre Patíns Cidade de Ferrol diputaráse o 5 e 6 de outubro
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o II Torneo de Hockey sobre Patíns Cidade de Ferrol, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro no pavillón do Ensanche, en horario de mañá e tarde. A edil ferrolá estivo acompañada pola representante do Club Compañía de María Hockey Ferrol, Paula Arbe, equipo organizador do evento deportivo xunto co Concello de Ferrol.
Este evento deportivo congregará na cidade naval a 16 equipos galegos e serán cinco as categorías que se disputarán na segunda edición do torneo: prebenxamín, benxamín, infantil, sénior masculino e sénior feminino. Martínez Galdós quixo felicitar ao club Compañía de María Hickey Ferrol “polo seu traballo de organización desta segunda edición do Torneo de Hockey sobre Patíns Cidade de Ferrol”.
A relación de equipos participantes e categorías é a seguinte:
Prebenxamín
– Club Riazor (A Coruña).
– Club Obradoiro (A Coruña).
– A.C. Ordes (Ordes).
– CM Hockey Ferrol (Ferrol).
Benxamín
– Escola Lubiáns (Carballo).
– H.C.Raxoi (Santiago de Compostela).
– H.C. Borbolla (A Coruña).
– CM Hockey Ferrol (Ferrol).
Infantil
– H.C. Liceo (A Coruña).
– Dominicos (A Coruña).
– A.C. Ordes (Ordes).
– Compañía de María (A Coruña).
Sénior masculino
– Escola Lubiáns (Carballo).
– Compañía de María (A Coruña).
Sénior feminino
– H.C. Liceo (A Coruña).
– A.C. Ordes (Ordes).
Pola súa banda, a representante do Club Compañía de María Hockey Ferrol, Paula Arbe, quixo agradecer ao Concello o seu apoio “para o hockey vai collendo forza na cidade”. Así, explicou que as finais da categoría sénior serán de 19 a 20 horas, sendo a masculino o sábado e a feminina o domingo.











