O I Rally Okotoberfest repartiu 2.700 salchichas durante o fin de semana
O Rally Oktoberfest de Nigrán salda a súa primeira edición cun éxito absoluto. Así o afirma o representante de hostalaría de OVALMI, José Ángel González, tras unha sondaxe realizada no dezaoito locais participantes. En total, os establecementos que se sumaron á festa “bávara” repartiron máis 2.700 salchichas elaboradas segundo diversas receitas germánicas e máis de 5.400 canas, “cifras que ratifican unha vez máis que estamos a traballar polo bo camiño en materia de promoción da actividade hostaleira do municipio”, engade o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.
Atendendo aos datos de venda rexistrados, extráese que de media, e só grazas á campaña, cada establecemento despachou un mínimo de 150 salchichas e 300 canas de cervexa ao longo de todo o fin de semana, “o que lles permitiu pechar un fin de semana redondo en canto a vendas e a afluencia de xente”, aseguran os hostaleiros participantes.











