publicidade hoxe

O I Obradoiro de emprego Conca do Lérez imparte formación en primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

 As 8 alumnas traballadoras do módulo de Atenciónsocio sanitaria a domicilio do Concello de Cotabade do I O.E.Conca do Lérez tiveron durante o día de hoxe formación en primeiros auxilios, reanimación cardio pulmonar (RCP), atragántamentos, fracturas e hemorraxías.  Centrándose boa parte da formación en atender emergencias cardíacas e respiratorias.

Tratouse dunha formación sobre todo práctica, para que usaron maniquí de RCP, que foi impartida polo médico do Servicio de Prevención da Mutua Maz e apoiada pola Enfermera experta docente do Obradoiro. As alumnas amosaron moito interese e participación nesta formación que se encadra dentro da formación que completa rematará co certificado de profesionalidade. Durante estos días continúa a formación continúa co módulo de Hixiene e atención sanitaria domiciliaria.

31 de outubro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.