O historiador Justo Beramendi abre a nova tempada das TERTULIAS do IEM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Este venres, 25 de outubro terá lugar a 1ª  TERTULIA do IEM da tempada 2013-2014, coa participación do historiador Justo Beramendi. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Justo Beramendi, (Madrid, 1941). Aínda que madrileño de orixe, Beramendi  forma parte dende hai catro décadas,  do movemento intelectual  dedicado á dinamización cultural así como á investigación histórica de Galicia. O seu traballo abrangue un amplo espectro de temáticas especialmente relacionadas co nacionalismo, corrente coa que se identifica e a cal entregou boa parte dos seus estudos e obra bibliográfica. Actualmente xubilado, desenvolveu unha prolífica carreira como docente e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela.  No encontro do venres teremos a posibilidade de escoitar e dialogar co convidado sobre interesantes aspectos da súa traxectoria.

 Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor  ata o xoves 24 de outubro ás 22 horas.

23 de outubro de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.