O grupo de teatro Estepario de Vigo representa “Diálogos” no centro cívico de Caranza
A programación de outubro do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, finaliza este domingo día 27 coa actuación do Grupo de Teatro Estepario de Vigo. A obra “Diálogos” dará comezo ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.
Esta obra psicolóxica trata sobre un problema actual e íntimo: a soidade. H (Héroe) está farto da súa soidade e decide comezar unha terapia. O seu psicólogo é un tipo extravagante e usa unha terapia moderna: “Diálogo de voces”. Unha terapia que existe na realidade. Nesta terapia saen os diferentes personaxes que H garda dentro de si. Se presentan un estado de liberdade, expresándose abertamente, a ira cunha forza brutal, o orgullo cos seus planes de facer de H unha persoa famosa, e o neno interior que só quere bailar a vida. H busca unha solución e sabe que non virá ata que non se enfronte ao monstro “soidade”, pero resulta que este monstro non ven e H mesmo se sorprende co desenlace.











