O goberno ourensán contrata os servizos dunha academia de música para impartir as clases de violín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza desta mañá, contratar os servizos da Escola de Música Bieito Blanco, que impartirán a formación práctica no instrumento de violín, no curso 2013 2014 da Escola de Música do Concello de Ourense. A Escola de Música, impartirá a formación de violín, nas súas instalacións, dando comezo as clases no mes de novembro. O resto de especialidades instrumentais seguirán a impartirse con normalidade na propia escola de Música de Ourense.

A contratación da Academia, cun importe de 8.448 euros, ven a solventar as dificultades para a contratación dun profesor para impartir a especialidade e proporcionar aos alumnos e alumnas da Escola unha solución á práctica deste instrumento.

Outros acordos

Entre outros acordos, a Xunta de Goberno Local, acordou aprobar a revisión de prezos do custo da prestación do servizo público de servizo de Axuda no Fogar. Estes prezos sofren unha actualización con respecto ao IPC pechado do ano 2012, que se corresponde co 2,4% e o incremento do IVE ao 4%.

Así mesmo, e segundo indica o informe da intervención municipal, recoñécense os atrasos correspondentes ao ano 2013, xa que, se o incremento do 2,4% correspondente á actualización do IPC, ten que aplicarse dende o 1 de xaneiro de 2013.

Adxudicación de 3 novos nidos no Centro de Iniciativas Empresariais

A Xunta de Goberno Local, na mesma xuntanza,  a adxudicación de 3 novos nidos no viveiro de empresas no Centro de Iniciativas Empresarias, destinado a unha empresa de sistema interactivo de exposición y ventas, consulta, formación e proxectos sociais e servizos de enxeñería e consultora ambiental.

A Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC, colaborará co Concello no 18º OUFF

A Concellería de Cultura asinou un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC, para a colaboración no 18º OUFF, cunha aportación de 24.000 euros. O Convenio asinado recolle a importancia da cita anual do Festival Internacional de Cine de Ourense, coma “un dos eventos culturais máis importantes da cidade e do ámbito galego, que converten a nunha “cidade de cine”, polo que son esenciais as accións conxuntas para a promoción e potenciación do sector audiovisual galego.

O Concello fomenta o asociacionismo veciñal apoiando ás Federacións de veciños e veciñas da cidade

A Xunta de Goberno Local acordou a sinatura de dous convenios de colaboración coas dúas Federacións de Veciños e Veciñas da cidade de Ourense, Federación Miño e Limiar, por un importe de 15.000 euros a cada unha.

Con esta achega quérese favorecer o “desenvolvemento das asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas”. Sendos convenios, de “concesión directa de subvención” contan cos pertinentes informes técnicos e xurídicos favorables.

Ambas son entidades sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de Ourense, e entre as súas finalidades estatutarias está a coordinación de actividades das asociacións veciñais para conquerir a unidade de acción na mellor consecución dos seus obxectivos. Igualmente, participan na interlocución coas administracións públicas, institucións ou entidades, asumindo un papel representativo dos intereses veciñais, cara o desenvolvemento social, cultural, ambiental e económico do Concello.

A subvención diríxese á realización de actividades formativas, culturais, deportivas, medio ambientais, festivas e asistencia a entidades asociadas.

31 de outubro de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.