O goberno mosense traballa na reducción e conxelación de impostos e taxas municipais para 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+
Reunión de traballo do grupo de goberno

Reunión de traballo do grupo de goberno

O equipo de goberno local mosense informou hoxe de que xa se atopan a traballar no orzamento do vindeiro 2014 co obxectivo de que sexa presentado en tempo en forma, antes do inicio do novo exercicio. Deste xeito, o próximo presuposto presentarase en tempo e forma por sexto ano consecutivo dende que Nidia Arévalo é alcaldesa de Mos.

O capítulo orzamentario no que traballan actualmente os representantes municipais é o de impostos e taxas municipais, sobre o que anunciaron esta mañá a conxelación de tódolos impostos e taxas, agás o IBI urbano que se reduce baixando do 0,8 ó 0,54, tipo mínimo aplicable por lei; e, ademais, contémplanse as exencións de pago para certos contribuíntes nalgúns casos, así coma bonificacións de ata o 95% noutros casos.

Exencións

En canto ás exencións de cara ó vindeiro exercicio do 2014 contémplanse na taxa do imposto de rodaxe ós titulares de vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos, no imposto sobre vehículos de tracción mecánica en caso de tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de Cartilla de Inspección Agrícola; no imposto sobre bens inmobles, IBI, no caso dos bens comunais e montes veciñais en man común, os montes poblados con especies de crecemento lento cuio principal aproveitamento sexa a madeira ou o corcho, e os montes nos que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arboladas suxeitas a proxectos de ordenación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal.

Bonificacións

Respecto das bonificacións, aplícanse bonificacións no IAE (Imposto sobre Actividades Económicas) ás cooperativas e ás sociedades agrarias de transformación; e bonificacións do 50% ca cota correspondente para os que inicien exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenrolo da mesma.

Tamén se aplica unha bonificación do 50% na taxa de lixo a pensionistas, familias monoparentais e familias numerosas cando a renda per cápita de unidade familiar non excede o 75% do salario mínimo interprofesional.

Outra bonificación é do 50% na taxa polos servizos extraordinarios en materia de emerxencias, extinción de incendios, rescates e salvamento, sempre que o ingreso da unidade familiar non o supere en computo anual, ou salario mínimo interprofesional e posúan un patrimonio inmobiliario con valor catastral igual ou menor a 36.000 euros. Sendo o único ben patrimonial a vivenda propia, ou o seu valor catastral, pode superar esa cantidade.

Tamén se bonifica o 50% na taxa de utilización na piscina Municipal, para o primeiro fillo menor de idade daquelas familias en cursos de natación, o 100% a partir do segundo fillo (quedan exentos de pago polo tanto); e o 20% e 30%  a colectivos veciñais e culturais dependendo do número de membros que a utilizen.

E por último contémplanse bonificacións relativas á taxa de construccións, instalacións ou obras que ascenden ata o 95% cando se trata de Construcións, instalacións ou obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais que xustifiquen tal declaración; ou Construcións instalacións ou obras en edificios históricos artísticos catalogados como tales.

9 de outubro de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.