O Goberno local de Oleiros executa obras de mellora no núcleo de Santa Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros está a executar varia sobras de mellora na localidade de Santa cruz. Ao longo desta semana rematarán as obras na avenida Emilia Pardo Bazán e na Rúa Francisco Comesaña de Santa Cruz. O Concello acondicionou dous pasos de peóns elevados para a mellora da accesibilidade neste punto, xa que existían dificultadas para cruzar a rúa debido aos escalóns existentes. Tamén se reforzou a sinalización horizontal que fan destacar mais os símbolos de paso de peóns.

Por outra banda, ampliáronse as beirarrúas para evitar os estacionamentos indebidos dos vehículos que dificultaban enormemente o tráfico rodado, axudando tamén a ampliar o espazo destinado os viandantes. Trátase, ademais dunha mellora funcional unha mellora estética para a zona.

O obxectivo principal destes traballos é mellorar a accesibilidade e seguridade viaria mellorando tamén a visibilidade e reducindo a  velocidade de tránsito dos vehículos.

2 de outubro de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.