O goberno local de Cambre executará unha obra para erradicar os problemas de saneamento no Polígono de Espírito Santo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O goberno local anuncia que antes de que finalice o ano comezarán dúas importantes obras referidas ao saneamiento e á pavimentación de firme no Polígono de Espírito Santo. En concreto, na rúa Isaac Peral executarase unha renovación de firme coa intención de mellorar a seguridade vial deste complexo industrial, polo que pasan a diario miles de vehículos, entre eles centos de vehículos. E é que o estado do pavimento presenta deficiencias que afectan á seguridade da circulación, á comodidade do usuario e á durabilidad do asfalto.

Doutra banda, nas rúas Monier, Bell, Daimler, e Marconi, executaranse outras actuacións baseadas nunha nova rede de saneamiento. Os técnicos municipais analizaron fai xa anos os incidentes rexistrados en numerosos puntos das redes de saneamiento das rúas Monier, Bell, Daimler e Marconi do Polígono do Espírito Santo, traducidas estas en rebosamiento dos pozos de fecales e inundacións do viario público e en ocasións naves, producíndose como consecuencia, numerosas interrupcións de tráfico dentro do Polígono Industrial e danos materiais.

Estes incidentes producíanse con motivo dos consecutivos atascos que se producen nas redes de saneamento que discorren polas vías anteriormente mencionadas, polas cales discorre un importante caudal de augas fecales procedentes dos vertidos das distintas actividades do Polígono Industrial do Espírito Santo, e a cal hai que engadir o importante volume de augas residuales procedente da rede de saneamiento do municipio de Sada que desemboca no Concello de Cambre.

O motivo de gran parte destes problemas, débese á cantidade de raíces que se infiltraron dentro das tuberías de saneamiento existentes, procedentes das árbores plantadas na beirarrúa paralelos ao colector de saneamiento.

Unha vez realizado unha análise sobre as posibles alternativas chégase á conclusión (debido sobre todo a que o colector está en servizo cun caudal importante procedente, como xa se mencionou anteriormente, das distintas actividades do Polígono), de que a solución máis viable, rendible e definitiva é a ejecución dunha rede paralela que substituya á existente polo que polo Concello de Cambre redáctase o proxecto denominado Renovación da rede de saneamiento nas rúas Monier, Bell, Daimler e Marconi, Polígono do Espírito Santo, Cambre.

Esta obras poderanse levar a cabo grazas ao programa de mellora de infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, confinanciadas polr o Fondo Europeo de Desnvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1 de outubro de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.