O Goberno local considera unha falta de respecto a decisión dos feirantes que anuncian un plantón á feira tradicional
O goberno local de Cambre acusa de “inxustificada” a decisión de parte dos feirantes que anunciaron un plantón para a feira do día 20. Segundo sinalan nun medio de comunicación, alegan que as taxas que deben aboar polos seus postos e a distribución que formula a ordenanza son “abusivas”.
A concelleira delegada da área de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, asegura que é unha falta de respecto cara aos cambreses que cumpren coas ordenanzas municipais e cara ao Concello que por primeira vez en máis de 30 anos se preocupou de dar forma xurídica a unha situación irregular. “Seguirei coa miña actitude de levar a feira a bo porto sempre e cando sexa negociando, como o feito ata agora, pero non permitirei que ninguén chantaxee aos cambreses”, indicou Vázquez.
Vázquez Golpe apunta que non entende a decisión dalgúns vendedores ambulantes, xa que, unha vez iniciado o proceso de licitación da feira tradicional, mantivo varias reunións para tratar de dar resposta ás súas demandas. Entre elas, as que sinalan como argumento fundamental para non acudir ao campo dá feira o día 20. Así, anunciou hai unha semana que levaría a este pleno de outubro a modificación da ordenanza fiscal co obxectivo de reducir a taxa. E por outro lado entregóuselles dúas propostas alternativas sobre a distribución dos postos para que fixesen as súas achegas cumprindo coas puntos 6 e 7 das Bases da Licitación, que recollen a posibilidade de modificar a tipoloxía de postos para satisfacer supostos concretos que puidesen non adaptarse ao plano.
Recorda, ademais, que a Ordenanza se aprobou hai máis dun ano con todos os informes favorables e non recibiu nin unha soa alegación nin por parte dos feirantes, nin por parte dos grupos políticos. Segundo Vázquez Golpe, chama máis a atención de que as primeiras demandas dos feirantes se rexistrasen no concello unha vez finalizado o prazo de solicitude de postos é dicir, despois do 3 de xullo de 2013. Asegura que os feirantes que quedaron fóra da licitación por presentar a solicitude fóra de prazo terán unha nova oportunidade de instalarse na feira mediante unha nova licitación que se levarán cabo proximamente. “Non é a miña intención deixar fóra da feira a ninguén, é o seu medio de vida e quero que estean todos”, explica.
“Por primeira vez van ter unha licenza e un posto en propiedade en condicións óptimas e é unha pena que algúns queiran dilapidar o traballo que se levou a cabo dende o Concello para regular e promover algo tan importante como a feira de Cambre”, sentencia a edil popular.
Así mesmo, a concelleira recorda que hai moitos vendedores ambulantes que se dirixiron ao departamento de Promoción Económica para expresar o seu malestar co “plantón”, aínda que recoñecen que non montarán os seus postos ese día pola incerteza xerada.












Realmente es una pena que la concejala en cuestión se preocupe más de intentar quedar bien en los medios de comunicación que de solucionar los problemas del pueblo de Cambre. Cuando no ha atendido ni una sola de las solicitudes de los vendedores ambulantes. Y lo único que le preocupa es sacar su ordenanza adelante en solitario, ya que como la oposición le presentó una moción de censura para devolver la feria a su ubicación original no le importa a quien se lleve por delante. Una pena porque conlo que se está haciendo política es con nuestros puestos de trabajo. Pero como viene siendo habitual en la mayoría de los políticos, no se escucha al pueblo sino que se dedican a realizar ordenanzas de despacho que en ninguna momento se adaptan a la realidad de la calle.