O goberno coruñés aproba a licenza para ampliar e mellorar as instalacións deportivas da Solaina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as licenzas para ampliar e modernizar o complexo de La Solana, así como para a instalación de ascensores en catro edificios da cidade, o que favorecerá a accesibilidade e a mobilidade dos veciños que residen nestes inmobles. Na sesión de hoxe tamén se acordou sacar a poxa pública tres coches oficiais (dous Audi A-6 e un Audi A-8 blindado) que utilizou o bipartito durante o pasado mandato.

A SOLAINA
O voceiro municipal, Julio Flores, informou de que a Xunta de Goberno Local concedeu licenzas urbanísticas que supoñerán un investimento na cidade de 1,08 millóns de euros, o que eleva a cantidade dende o inicio do mandato ata os 262,2 millóns. Entre os expedientes tramitados destaca a autorización para a ampliación e modernización das instalacións deportivas de La Solana, cun investimento que roldará os 800.000 euros.

Flores explicou que este proxecto conta co visto e prace de todas as administracións: a Autoridade Portuaria, como titular do chan no que se encontra o recinto deportivo; a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de la Xunta; e os técnicos do Concello, incluído o informe favorable do arqueólogo municipal.

O proxecto para remodelar o equipamento deportivo de La Solana comezará dentro de 4 meses e ten un prazo máximo de execución de 2 anos, aínda que os responsables do proxecto teñen a intención de acurtar á metade a duración destas obras. A reforma afectará a 3.694 metros cadrados e incidirá en:

. Remodelación de zonas do edificio xa existentes, como os vestiarios, a conserxaría e o espazo reservado para socorrismo.
. Ampliación das instalacións na zona dos ximnasios, a sala de relaxación e a área administrativa, así como un novo acceso ao recinto.
. Mellora dos espazos exteriores na zona norte da parcela.

ACCESIBILIDADE

Flores informou que tamén se concederon licenzas para instalar catro ascensores nas rúas Pla e Cancela, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Belén, o que favorecerá a accesibilidade dos veciños. No inmoble da rúa Belén, outorgouse ademais a concesión demanial gratuíta de 8 metros cadrados do sistema local de rede viaria, para posibilitar a colocación do elevador que discorrerá pola fachada deste edificio do barrio da Sagrada Familia.

VEHÍCULOS OFICIAIS

O Concello abrirá unha poxa pública con tres vehículos oficiais que utilizaba para os seus desprazamentos o anterior bipartito e que deixaron de utilizarse tras o cambio de Goberno municipal en maio de 2011.

O Goberno local subhastou os seis coches oficiais do anterior bipartito en xuño de 2012 e logrou vender tres vehículos, que foron adquiridos por un mesmo licitador por 23.752 euros (dous Audi A-6 semiblindados e un Audi A-8 blindado).

A Xunta de Goberno local aprobou volver subhastar os outros tres coches oficiais e para facilitar a súa venda, a alienación destes tres vehículos efectuarase en tres lotes independentes mediante procedemento aberto e co prezo como único criterio de adxudicación. O prezo de saída, de acordo ás novas taxacións efectuadas, será de 23.250 euros para o Audi A-8 blindado que comprou en 2002 e de 16.500 euros para cada un dos dous Audi A-6 que adquiriu o bipartito en febreiro de 2008.

A decisión de subhastar todos os coches oficiais do bipartito municipal naceu do compromiso do alcalde, Carlos Negreira, de prescindir do gasto superfluo para destinalo a gasto social e a mellorar os barrios e lograr que A Coruña fose a primeira cidade galega sen coches oficiais para os políticos da Corporación municipal. Ao diñeiro recadado polas poxas súmase ademais o aforro de 500.000 euros ao ano logrado polo Goberno local coa eliminación dos vehículos oficiais.

31 de outubro de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.