O GES de Brión extingue un lume nunha caseta na Travesía do Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal Portada
A-
A+

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión extinguiron na noite de onte martes un lume urbano declarado nunha caseta de obra situada na Travesía do Porto, no Milladoiro (Ames). O GES de Brión recibiu a chamada de alerta do 112 ás 21:50 horas e desprazouse coa Bomba Urbana Lixeira (BUL), procedendo á extinción do lume e ao arrefriamento da zona.

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros de Boiro, que finalmente non tiveron que intervir. A incidencia pechouse ás 23:30 horas, sen que houbese que lamentar danos persoais e sen que aínda se coñezan as causas do lume, que deixou a caseta bastante danada.

Rúa Pardiñeiros

Por outra banda, na mañá de hoxe mércores o GES de Brión volveu intervir na localidade do Milladoiro para extinguir un lume orixinado nunha cociña na rúa Pardiñeiros, nº 4. O GES brionés recibiu o aviso do 112 ás 13:15 horas e, unha vez no lugar, comprobaron que a fumareda proviña dun lume orixinado nos cables eléctricos de detrás do forno. Retirado o forno, puideron extinguir o lume e procederon a airear a zona. A incidencia pechouse ás 14:45 horas.

30 de outubro de 2013 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.