O galego tamén noutros mundos chega ao CIFP Carlos Oroza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.

A exposición O galego tamén noutros mundos é unha delas e poderá visitarse no CIFP Carlos Oroza do 16 ao 24 de outubro.

Esta mostra consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:
 Panel 1: portada
 Panel 2: introdución
 Panel 3: O galego, a lingua dun reino
 Panel 4: Unha lingua internacional
 Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
 Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
 Panel 7: O mundo en galego
 Panel 8: Conectados/as á rede
 Panel 9: Galician soundsØ
 Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
 Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
 Panel 12: Falantes orgullosos/as
 Panel 13: O galego tamén no meu mundo

As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.

15 de outubro de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.