O galego Gabriel Marcelli revalida o título de Vencedor da Copa Nacional de Trial Xuvenil 125 c.c.
Onte celebrouse na localidade madrileña de Cabanillas de la Sierra, a 4ª e última proba da Copa Nacional de Trial Xuvenil 125 c.c., na que o galego Gabriel Marcelli tras finalizar 2º nesta competición, revalidou o título de Vencedor da Copa Nacional de Trial Xuvenil 125 c.c. que xa acadara en 2012. Logrando por segundo ano consecutivo este título nacional. Outro xove galego, Martín Riobó, que nesta proba foi 5º empatado a puntos co 4º clasificado, finaliza no 3º posto da clasificación final desta Copa Nacional.
Na categoría de Trial Femenino B, a galega Veronica Miguens finalizaba na 4ª posición, a mesma que logra na clasificación final da Copa Nacional de Trial Femenino B.











