O Fórum Metropolitano acolle unha nova edición de ‘Ultranoite’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura, informa de que Ultranoite, revista escénica e retranqueira da actualidade a cargo do cabaré colectivo de Chévere, volve ao escenario do Fórum Metropolitano mañá, xoves 4 de outubro, e o venres, día 5, a partir das 23.00 horas.

Esta nova Ultranoite contará coa participación do equipo estable formado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián, así como coa colaboración de Funboa Escénica e Triatreiros de Vigo. As entradas pódense adquirir, exclusivamente, a través de redenasa.tv e no despacho do Fórum Metropolitano antes da función.

3 de outubro de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.