O filial do Azkar Lugo perde ante o Cuéllar segoviano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Un instante do encontro

Un instante do encontro

O filial do Azkar Lugo non puido sacar nada positivo na súa visita á cancha do Cuéllar segoviano este pasado sábado. Os lucenses perderon finalmente por 6 goles a 1 nun partido no que non realizaron unha boa primeira parte, pero si no segundo periodo onde a sorte foille esquiva nos momentos decisivos, sobre todo cando lla xogou con porteiro-xogador cun resultado moi desfavorable pero no que as ocasións xeradas polos azuis ben mereceron algún gol que lles metera no choque.

O partido arrincou cos locais esperando en media pista ao Azkar B, mentres que os lucenses buscaban a elaboración en ataque, pero na primeira contra do partido Higinio, dos máis destacados do choque, xa establecía o 1-0 para os seus. A defensa dos segovianos a partir do gol pechouse aínda máis e aos lucenses custáballes crear perigo. Así transcorreu boa parte do primeiro periodo, cun Azkar Lugo B dominando máis pero sen perigo ofensivo salvo nalgunha xogada illada na que o meta dos locais salvaba aos casteláns. Na recta final dos primeiros vinte minutos, tras varias ocasións dos locais, a mala sorte aliouse cos galegos xa que tras un saque de esquina do Cuéllar o balón pegaba en Rubén Mouriz e despistaba a Illi (2-0).

No segundo periodo o filial pronista foise a polo partido e así cunha defensa en zona alta e máis agresiva roubaba o balón con facilidade e creaba varias ocasións de gol, ben abortadas polo meta local, pero o peor é que minutos despois, no 23, chegaría o 3-0 para os locais. Aínda que Javi Río reducía diferenzas co 3-1 dous minutos despois, xusto antes de chegar ao ecuador do segundo periodo, o Cuéllar anotaría o 4-1 e co tanto se escapaban prácticamente todas as esperanzas para os lucenses, xa que pese a desde ese momento atacar con porteiro-xogador e creando varias ocasións de gol, a sorte non estivo ao lado dos lucenses que acabaron por encaixar nos minutos finais dous novos tantos ata pechar o choque co 6-1 final.

Ficha técnica:
Cuéllar 6: David, Mario, David, Higinio e Daniel, -cinco inicial-, Samuel, Gustavo, Gonzalo, Manuel e Iván.
Azkar Lugo B 1: Illi, Manu, Cancio, Miguel e Javi Río, -cinco inicial-, Cabanas, Zala, Cospe, Rubén Mouriz, Porto e Mujín.
Árbitros: Martín Cantonero e Rodríguez Álvarez (Madrid). Amonestaron con tarxeta amarela a Mario (Cuéllar) e a Manu, Cabanas e Zala (Azkar B). Expulsaron por dobre amarela a Illi (Azkar B).
Incidencias: 2ª xornada de liga no grupo I da 2ª división B. Polideportivo Santa Clara.
Goles: 1-0 min. 4 Higinio, 2-0 min. 15 Rubén Mouriz (propia porta), 3-0 min. 23 Higinio, 3-1 min. 25 Javi Río, 4-1 min. 29 Higinio, 5-1 min. 39 Samuel e 6-1 min. 40 David.

O filial xoga este próximo sábado desde as 20:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo ante o Mosteiro Bembrive.

7 de outubro de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.