publicidade hoxe

O Festival Internacional de Monicreques do Consorcio ofrecerá funcións en Culleredo, Carral, Abegondo, Arteixo e Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoArteixoBetanzosCarralCulleredo
A-
A+

O Festival Internacional de Monicreques que organiza o Consorcio As Mariñas afronta a súa segunda semana con representacións nos municipios de Carral, Culleredo, Abegondo, Arteixo e Betanzos. O programa desta semana é o seguinte:

· Betanzos: mércores 9, 11.30 horas, Edificio do Liceo. “O patito feo”, de Teatro La Estrella

· Arteixo: domingo 13, 12.30 horas, Centro Cívico Cultural. “Cu-cú, Incre-tás”, de Monicreques Cachirulo

· Abegondo: domingo 13, 12.30 horas, campo dá feira. “A pequena Lúa”, da Xanela do Maxín

· Culleredo: venres 11, 19.30 horas, Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. “O patito feo”, de Teatro La Estrella.

· Carral: xoves 10, 18.00 horas, Edificio Social Toñito Espiñeira. “Cu-cú, Incre-tás”, de Monicreques Cachirulo

O festival alcanza este ano a súa novena edición consolidando un evento que xunta a compañías de diferentes nacionalidades e dá a coñecer esta forma de arte nos centros educativos e sociais da área metropolitana.

O ente supramunicipal entende que se debe manter un festival referente neste ámbito e que permite acceder ás representacións aos nenos dos municipios que conforman o Consorcio. O Festival Galicreques 2013 desenvolve 24 funcións nos 9 municipios que conforman o Consorcio: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

O programa é ofrecido por un total de 13 compañías, que proceden de diferentes puntos da xeografía española como Valencia, Castela La Mancha, Castela e León, Aragón, Euskadi, Madrid, Murcia e Galicia. Tamén actuarán grupos de países como Colombia, Ecuador ou Arxentina.
Nas obras poderanse observar diferentes técnicas artísticas, como luvas, muppets, manipulación directa, ou marionetas con fío.

8 de outubro de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.