O executivo vigués pagará o aluguer do local da Asociación de Diabéticos de Vigo
O alcalde de Vigo rubricou este mércores un convenio de colaboración coa entidade pola que o Concello achega 3.600 euros para axudar ao pago do aluguer da súa sede. Caballero explicou que a Asociación, de recente creación, ten un “importante” número de afiliados e un gran “potencial”.











