O establecemento A Cancela gana o premio do público do Concurso de Tapas Picadillo
O establecemento hostelero A Cancela, na rúa da Barreira, é o ganador do premio popular da X Edición do Concurso de Tapas Picadillo polo seu prato Bombas Cancela, que competía na modalidade de tapa tradicional. A Cancela obtivo o galardón do público, Premio Cidade da Coruña, cun total de 2.434 puntos tras finalizar o reconto das papeletas depositadas durante o certamen, que se celebrou entre o 13 e 29 de setembro, nas urnas dos establecementos concursantes.
Os ganadores das outras dúas categorías, Taberna Gaioso, Premio Picadillo á Mellor Tapa Tradicional pola súa tapa Tortilla de Mejillones, e Alma Negra, Premio Picadillo á Mellor Tapa Creativa pola súa Cremoso de aguacate con langostinos, crujiente de maíz e espuma de limón, foron elixidos o pasado 1 de outubro por un xurado, que concedeu unha mención especial ao establecemento A Mercería. Os ganadores recibirán 1.500 euros cada un e durante os próximos tres meses os clientes poderán degustar tápalas -a un prezo non superior aos dous euros- xa que un dos requisitos do concurso é que os establecementos sigan elaborándoas durante polo menos ese tempo.
Á décima edición do certamen concorreron 52 establecementos hosteleros, once máis que na edición anterior, e presentáronse 69 tapas: 42 na categoría tradicional e 27 na creativa. O Concurso de Tapas Picadillo está organizado polo Consorcio de Turismo para impulsar a hostelería local potenciando este sector como atractivo turístico de primeira orde.











