O espectáculo “A ilusión dun músico” fará as delicicias do público que se achegue a Piñor
O Concello de Piñor convídate a desfrutar do espectáculo de “A ilusión dun músico”, a maxia correrá a cargo do mago Martín Camiña e a música do baixista Álvaro Muras, dentro da programación Cultura no Camiño 2013.
O espectáculo terá lugar o venres 11 de outubro as 20:30 h na Antiga Escola de Cotelas.
Sinopse:
– Un músico e un ilusionista aparecerán por arte maxical!!
– ¿Pódese facer maxia cun instrumento de corda?
– ¿Pódese facer composicións musicais dunha baralla?
– Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se rompen e siguen soando, unhas notas de humor e unha parte moi importante que é a participación dos espectadores
Non faltes a este espectáculo de maxia e moito ritmo no que pasarás un rato divertido e serás partícipe da creación dunha historia.
Está dirixito para todos os públicos e a entrada é de balde.