O equipo feminino do Burela trouxo de Alicante unha importantísima victoria
As xogadoras laranxas conseguiron hoxe tres importantes puntos nunha das pistas máis complicadas de Primeira RFEF e fronte a un dos equipos máis reforzados da tempada, UA Alicante (2-5). Con esta vitoria o Burela FS Peixes Rubén suma 10 puntos e ocupa o cumio da clasificación, empatado co Atlético de Madrid Navalcarnero, que venceu ao Souto do Real (2-6).
O cadro mariñano tivo que traballar para adaptarse a unha pista lenta na que estivo máis como o UA Alicante durante os dez primeiros minutos, con oportunas aparicións da galega Patri baixo os paus. Foron precisamente as locais as que fixeron valer o seu dominio para inaugurar o electrónico no minuto 13, nun lanzamento de Sara que rebotou no corpo dunha xogadora burelista, unha acción non exenta de polémica que desencadeou na expulsión de Quico Otero. Este gol non fixo dano nas filas laranxas, que pouco a pouco foron adquirindo tranquilidade e control de xogo. O merecido empate chegou no 18, de Peque a beou parado, resultado co que se entrou no descanso.
No segundo período xa reinou a cor laranxa, con dominio, control e acerto do Burela FS. Aínda que se resistiu, o 1-2 subiu no 27, outra vez de Peque. Bea Mateos ampliou distancias no 33 e as locais reaccionaron con porteira xogadora, a falta de cinco minutos. Con Ana baixo os paus, Maite encontrou oco para subir o 1-4, pero as levantinas volveron ao xogo de cinco e aí encontraron unha greta na defensa laranxa, para reducir distancias (minuto 36, Mónica). Non obstante, o Burela FS non estaba disposto a ceder máis terreo; Lida logrou sentenciar con 2-5, no 38, aproveitando un contraataque no que volvía á pista a meta local.
Ficha técnica
UA Alicante: Ana, Fátima, Noelia, Paula e Andrea Soriano, quinteto inicial; tamén xogaron Mónica, Sara, Lorena, Andrea Castelló
Burela FS Peixes Rubén: Patri, Bea Mateos, Maite, Peque e Lidia, quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara
Goles: 1-0, minuto 13, Sara; 1-1, minuto 18, Peque; 1-2, minuto 27, Peque; 1-3, minuto 33, Bea Mateos; 1-4, minuto 35, Maite; 2-4, minuto 26, Mónica; 2-5, minuto 38, Lidia
Tarxetas: Por UA Alicante, expulsada Fátima no minuto 25, por dobre amarela. Por Burela FS, amarela Bea Mateos no minuto 2; Quico Otero foi expulsado con vermello no 13.











