O DIFE realiza simulacións de entrevistas de traballo para que os desempregados afronten a selección
O Departamento Integrado de Formación e Emprego (DIFE) da Concellería de Traballo e Benestar está a desenvolver unha interesante actividade práctica para axudar ás persoas que buscan un emprego a saír airosos e saber afrontar as entrevistas de traballo. Para logralo, farán simulacións de entrevistas laborais con 15 persoas anotadas na súa bolsa de emprego. Esta actividade estivo precedida dun seminario realizado en setembro no que se abordou a elaboración de currículms vitae facendo uso das novas tecnoloxías da comunicación.
A segunda parte deste ciclo de accións de mellora da empregabilidade abordará os procesos selectivos e profundizará na entrevista de traballo, mediante a introducción de dinámicas grupais e simulación de entrevistas.
Os simulacros comezaron na xornada de onte e continúan hoxe pola mañá no Centro de Formación de Matosinhos. Os quince desempregados que participan nelas foron seleccionados polo DIFE e procedende sectores especialmente afectados pola crise: industria e construcción, así como da hostalaría polo seu carácter estacional.
Os obxectivos desta actividade son capacitar aos alumnos cara o afrontamento dos procesos de selección para que superen con éxito a entrevista de traballo. O simulacro serviralles para familiarizarse co plantexamento e resolución de probas sicotécnicas e dinámicas de grupo e farase fincapé na necesidade da preparación previa do desenvolvemento da entrevista.
As sesións serán interactivas, xa que os alumnos participarán de forma activa no proceso de aprendizaxe, e prestarán especial atención ao aproveitamento e uso das novas tecnoloxías tamén nas entrevistas de traballo coa preparación de presentacións áxiles de atractivas para a dinamización do proceso selectivo, visionado de material audiovisual, etc… Para iso disporán no propio simulacro dos medios técnicos necesarios.
O 40% dos participantes atoparon emprego
O departamento que dirixe a concelleira Elena Suárez, espera que as entrevistas simuladas teñan o mesmo resultado que o seminario de currículum. Nel tamén participaran quince persoas, na súa meirande parte maiores de 30 anos e desempregados de longa duración, procedentes dos sectores de servizos, hostalaría e industria. Destas quince persoas, a lo menos seis incorporáronse ao mercado de traballo en diferentes sectores de ocupación nos meses de setembro e outubro.
Repetirase a experiencia
Dada a elevada demanda de participación, ó remate deste ciclo, programares un novo ciclo de accións de mellora da empregabilidade (currículum vitae e procesos selectivos) de nivel avanzado para persoas integrantes da bolsa de emprego con perfís profesionais de alta cualificación, baseado nas novas ferramentas dixitais de busca de emprego, infografías, presentación Prezi, Redes Sociais para o posicionamento profesional e Personal Branding.











