O departamento ferrolán de xuventude mantén aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de orientación laboral
A concelleira de Xuventude, Verónica Casal Míguez, lembrou que segue aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de orientación laboral ata este mércores, día 9 (incluído). As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán enviar o seu nome, apelidos, idade, DNI e teléfono de contacto ao correo electrónico: ferrolxuventude@gmail.com. Esta iniciativa forma parte do Programa Activa 2013 e está promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia.

A acción formativa, que terá lugar o vindeiro 16 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Xuventude, está dirixido a mozos e mozas entre 18 e 30 anos principalmente, aínda que os maiores de 30 poderán asistir pero non recibirán o diploma acreditativo. Este obradoiro de orientación laboral, cunha duración de dúas horas, tratará os seguintes contidos:a mellora da empregabilidade, ferramentas para a busca de emprego, oportunidades en momentos de crise, o currículum e a entrevista de traballo.