O departamento de xuventude ourensán pon en marcha actividades lúdicas encamiñadas a descubrir o mundo da astronomía
A campaña “Eclípsate”, promovida pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense ofrecerá diversas alternativas para dar a coñecer entre os ourensáns o mundo da astronomía. A concelleira de Xuventude, María Devesa, e Víctor Pérez, coordinador da campaña, presentaron as tres propostas, que consistirán na observación do eclipse, un curso de astrofotografía e “ollando ao ceo”, observación astronómica urbana desde diferentes puntos da cidade.
1.Observación do eclipse: A cidade sumirase na oscuridade en pleno día durante o próximo 3 de novembro, entre as 10 e as 14 h. Desde o Parque Barbaña, poderá observarse a través de tres potentes telescopios. Así mesmo, se instalará unha carpa astronómica na que se facilitará información e explicacións teóricas. A actividade é gratuíta, e sen necesidade de inscrición previa.
3.Curso de astrofotografía: pretende dar a coñecer e intentar que se adquiran os coñecementos básicos para que a toma das fotografías sexa o máis fructífera posible, á vez que divertida. Coa fotografía pasa todo o contrario que sucede coa observación a través dun ocular: cando se observa un obxecto de ceo profundo, sexa unha nebulosa ou unha galaxia, a decepción é habitual entre moitos, xa que só aprecian un borrón diminuto e carente de cor, en cambio a fotografía móstranos ese mesmo obxecto con todo os seus matices de cores. Se realizará no observatorio “El mirón del cielo” (Alfredo Brañas, 62), sito na estrada de Oira. A teoría terá lugar o 18 e 21 de novembro, entre as 19 e as 20 h., e a práctica o 19 e 20 entre as 20:30 e as 21:30 h. (esta actividade require inscrición previa)
5.Ollando ao ceo: Consiste na observación astronómica urbana dende diferentes barrios da cidade. Ademais dos telescopios, os espazos de observación estarán ambientados cunha pequena carpa onde se realizarán explicacións teóricas.
Lugar e datas:
·Ponte Romana
En frente a cafetería Don Gaetano, sábado 23 de novembro
·Seixalbo
Parque da Infesta, sábado 30 de novembro
·Carballeira
Praza da Legión, sábado 7 de decembro
·Parque Barbaña
Zona canchas deportivas, sábado 14 de decembro.











