O departamento de Infraestructuras empeza a instalación da rede de sumidoiros separativo na rúa Viena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que hoxe, luns 28 de outubro, a Concellaría de Infraestruturas empeza as obras de instalación da rede de rede de sumidoiros separativo na rúa Viena, unha vez se adxudicou a obra a Copcisa por 112.880 euros, o que significa unha rebaixa do 31,8% con respecto ao presuposto de licitación, que era de 165.684 euros.

O proxecto, que se enmarca dentro das actuacións que se están a executar para mellorar e modernizar a rede de saneamento da cidade, ten un prazo de execución aproximado de 2 meses. Con estes traballos, o Concello pretende solucionar os problemas existentes nesta rúa da Zapateira que, na actualidade, non dispón de rede de residuais e pluviais. As obras realizaranse no tramo comprendido entre a intersección coas rúas Roma e Xenebra, onde conectarán coa rede separativa existente.

O departamento de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado informa de que, para realizar estas obras, se procederá a demoler o pavimento afectado; a executar unha rede de pluviais de PVC de 400 mm. de diámetro con pozos e sumidoiros conectados; un ramal de fecais de PVC de 315; e á reposición do pavimento. A nova obra levará os pozos de rexistro tipo, é dicir, fundidos in situ, moldeados en formigón con tapa e aro de fundición. O proxecto inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos (POST) da Deputación da Coruña.

28 de outubro de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.