O crítico de arte da exposición “Antonio Fernández: Pintor de tres mundos ofrecerá unha conferencia sobre a mostra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O vindeiro sábado, 12 de outubro, ás 20.00 horas, o historiador, crítico de arte e comisario da exposición  “ANTONIO FERNÁNDEZ: PINTOR DE TRES MUNDOS”, ofrecerá a conferencia “Antonio Fernández e a tradición da paisaxe”, no Centro Goianés.

A mostra pictórica, que durante esta semana está a ser visitada por escolares do municipio e público en xeral, permanecerá aberta ata o día 20 deste mes, en horario ininterrompido de 10.00 a 23.00 horas, existindo tamén a posibilidade de realizar visitas guiadas os martes, mércores e xoves, de 19.00 a 21.00 horas.

A exposición enmárcase dentro dos actos de homenaxe ao pintor goianés, organizados polo Concello de Tomiño e a Comisión Antonio Fernández (Ano Antonio Fernández

9 de outubro de 2013 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.