O Coro Liceo e Ángela Irene interpretarán a misa criolla no irmandamento musical entre Galicia e Arxentina

O Auditorio acolle mañá o festival “De ida y vuelta”, un espectáculo de irmandamento cultural e musical entre Galicia e Arxentina e no que intervirán cantantes e músicos de ámbalas dúas beiras do Atlántico. A principal protagonista será Ángela Irene, todo un referente do folclore en Arxentina que cantará a dúo e en grupo cos artistas invitados. Entre o variado repertorio do programa destacan a Misa Criolla que Irene cantará co acompañamento do Colo Liceo de Vilagarcía e o tema “Los Reyes Magos” que interpretarán conxuntamente todos os participantes no festival como peche do espectáculo.

A concelleira de Cultura, Rocío Llovo presidiu a presentación do festival “De ida y vuelta”, acto que contou coa colaboración da propia Ángela Iren; o organizador do evento, o músico arxentino afincado en Vilagarcía, Carlos Cambas; o guitarrista Manuel Navarro e Pepe Álvarez, membro do Coro Liceo de Vilagarcía en representación dos artistas galegos. O resto do cartel compóñeno as voces de Uxía, Rosa Leiro e David de Salvado e do O Coro Liceo de Vilagarcía; Margarita Guerra (Castañuelas), Juan Carlos Cambas (piano e dirección), Manolo Gómez (charango), Manuel Navarro (guitarra) e Chema Ares (bombo).

Llovo agradeceu á organización que volvese a apostar por Vilagarcía para a celebración dun festival no que se volven a encontrar dúas culturas que tanta relación tiveron, especialmente no último século e que agora se recuperan eses lazos a través da música e das pegadas que galegos e arxentinos deixaron na cultura dos outros.

Ángela Irene recala mañá en Vilagarcía na que será a súa primeira incursión artística en España e mesmo no propio continente Europeo. Cantante consagrada no seu país de orixe, Irene é todo un referente da música folclórica arxentina grazas a nada menos de 40 anos de carreira profesional que a levaron a percorrer coa súa música todo o país e mesmo varias zonas de Latinoamérica. No se curriculo destaca ter sido amadriñada pola famosa Mercedes Sousa, con quen chegou a compartir escenario en varias ocasións, e con ser presentada musicalmente por Ariel Ramírez, o compositor da Misa Criolla.

A cantante recoñeceu que. Pese a súa extensa traxectoria profesional, nunca ata agora dera o salto ao continente europeo porque priorizou a formación dunha familia e a atención aos seus fillos, tarefas que si podía compatibilizar limitando a súa faceta artística ao seu país e contorna. “sempre fue para mi un sueño, un deseo, actuar en España y en el resto de Europa y cuando el año pasado, Juan Carlos Cambas me lo propuso en el festival de Cosquín, la verdad es que despertó de nuevo esa necesidad de venir, y aquí estoy”, explicou.

A actuación de Vilagarcía é a primeira en toda Europa que frealizará Irene que, a continuación, marchará para Madrid onde xa ten previsto realizar outros dous concertos.

Pese a ser unha celebridade en Arxentina e ser coñecida por artistas e músicos españois, o certo é que o público en xeral non coñece o traballo de Ángela Irene. Esta é a principal razón pola que o festival de mañá abrira coa proxección dun vídeo de 5 anos de duración no que se repasa e resumen de xeito moi concentrado os 40 anos de profesión que leva ás costas, con imaxes retrospectivas de concertos dos seus inicios ata chegar aos tempos actuais.

Irene comentou que dentro do que en Arxentina chaman música folclórica, ela encádrase no xénero poético, cantando temas con letras que con mensaxe e que transmitan sentimentos. Por iso boa parte delas das súas cancións son musicalizacións de versos de coñecidos poetas. “Se trata de múisca para escuchar, más que para bailar”, matiza.

Irene calificou de moi interesante e enriquecedora este primeiro contacto directo coa música galega. Llevo dos días ensayando con todos los cantantes y músicos gallegos y es verdaderamente entrañable. Yo ya los conocía musicalmente, pero no en persona, y el encuentro, tanto personal como musical, fue emocionantísimo”. Esta emoción transmítese nas interpretacións que se van facer mañá no Auditorio, segundo comentou Pepe Álvarez que fixo especial fincapé la Misa Criolla que cantará o Coro Liceo coa artista arxentina. Non é a primeira vez que a coral vilagarciana interpreta esta espectacular obra tan representativa da música de Arxentina, pero sí a primeira que a adaptan á voz dunha muller “porque trátase dunha obra feita para una textura vocal masculina e que xa de por sí presenta unha grande dificultade”.

Juan Carlos Cambas, o director do festival, comentou que está pensado de xeito conceptual de forma que cada tema é unha unidade autónoma e diferenciada das demais, pero que no seu conxunto crean un concepto. Un concepto que se mestura e aúna a música galega e a arxentina a modo de intercambio entre culturas que comparten algunhas raíces. Cambas explicou que este espírito de relación entre as dúas culturas é tamén a razón pola que dende hai uns anos, artistas galegos participan no festival de Cosquín, a cita máis importante da música folclórica en Arxentina.

“De ida y vuelta” ten unha duración de algo máis de hora e media “que al público se le va a pasar en un ratito, porque es un espectáculo muy dinámico, y variado en el que se alternan estilos muy diversos”.

As entradas poden adquirirse na billeteira do Auditorio a 3, 4 e 5 euros.

4 de outubro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.