O Consorcio de Turismo edita 7.000 folletos sobre a figura de Sir John Moore e a súa vinculación coa Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Consorcio de Turismo, que preside o tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, en colaboración coa Deputación da Coruña, editou 7.000 folletos sobre Sir John Moore para achegar a figura do xeneral británico aos turistas e tamén aos coruñeses.

Os folletos están en tres idiomas -3.000 exemplares en inglés, 2.000 en castelán e 2.000 en francés- e responden a unha demanda de moitos turistas británicos, a maioría cruceristas, que teñen grande interese en coñecer a vinculación do xeneral británico-considerado un heroe en Gran Bretaña- coa Coruña.

A publicación inclúe un mapa sobre a Batalla de Elviña e detense nas igrexas, monumentos e lugares da cidade máis ligados ao xeneral, como a igrexa de San Vicente de Elviña, o parque de Santa Margarida, o castelo de San Antón e o xardín de San Carlos, entre outros. Tamén conta a historia de Lady Hester Stanhope, a nobre británica sobriña do primeiro ministro William Pitt que mantivo unha relación sentimental con Moore.

Para a súa elaboración, o Consorcio de Turismo contou coa colaboración da Asociación Histórico-CulturalThe Royal Green Jackets. Os folletos están dispoñibles dende mañá, luns 21 de outubro, nas oficinas do Consorcio de Turismo e na web www.turismocoruna.com.

20 de outubro de 2013 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.