O consorcio As Mariñas impulsa un pacto local contra a violencia de xenero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas trasladou a todos os concellos que o integran un documento no que se recollen unha serie de compromisos que veñen a amosar a unión de toda a sociedade en contra da violencia de xénero.

Corporacións municipais, centros educativos, centros de saúde, tecido asociativo e empresarial…e o propio Consorcio As Mariñas asumen, coa sinatura dese documento, un rexeitamento claro a cualquier forma de violencia, en especial á de xénero, así como o seu compromiso por acadar a igualdade entre xéneros.

Este documento, que foi elaborado e consensuado por profesionais en igualdade de tódolos concellos, foi trasladado a cada municipio para que cada entidade local procure os apoios ao pacto no seu territorio.

Desta forma, a suma dos nove pactos locais conformará un gran pacto contra a violencia de xénero no territorio de As Mariñas que se visibilizará con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Unha imaxe común que simbolice ese compromiso, colaboración nas actividades de sensibilización, especial atención as vítimas…son algúns dos puntos que se recollen no documento.

Como acto conxunto que simbolice ese gran pacto está previsto realizar a II Andaina contra a violencia de xénero o próximo día 23 de novembro, pola mañán, en Arteixo.

O percorrido, duns 6 km de lonxitude, transcorre polo paseo fluvial e pola zona do Rañal da localidade arteixán. Toda a sociedade está invitada a participar nesta andaina, veciños e veciñas dos nove concellos e doutros dos arredores, rapazada e persoas maiores, todas as persoas que queren unha sociedade libre de violencia e unha maior igualdade entre homes e mulleres.

A partir do mes de novembro as persoas interesadas poderán apuntarse nos servizos sociais ou nos centros de información á muller do seu concello.

O ano pasado tivo lugar a primeira andaina que transcurriu polo Paseo do Burgo, de Cambre e de Santa Cristina cun gran éxito xa que participaron cerca de 300 persoas.

23 de outubro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.