O “Concerto para bebés” de Paulo Lameiro amplía o seu aforo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O “Concerto para bebés” de Paulo Lameiro, que terá lugar o domingo 27 no Pazo da Cultura en sesión ás 11:00h., 12:30h. e 18:30 horas, permitirá que 3 maiores de 5 anos acompañen a cada un dos bebés participantes. O aforo dos mesmos, público prioritario e preferente, segue a ser de 70 , mentres que o número de acompañantes pasou de 70 a 210.

A ampliación producíase esta mesma mañá ao iniciar a compañía as labores previas á montaxe e comprobar que a capacidade do espazo permitía atender a demanda dos interesados/as en asistir acompañando aos máis pequenos/as.

Unha experiencia inigualable conducida polo músico portugués Paulo Lameiro na que os bebés se abren por primeira vez á música nun ambiente moi especial, entre almofadas de cores, sons novos e chamativos para eles, acompañados da animación que invita á permanente participación e interactuación entre pais e bebés. Un coidado espectáculo polo que recibíu recentemente en Alemania o premio YEAH (YOUNG EARopean Award) na categoría de innovación.

As entradas, a un prezo de 4 euros + gastos para menores de  5 anos e 8 euros + gastos para maiores desa idade, están á venda na web de servinova.

No caso de non esgotarse as entradas, poderán mercarse unha hora antes de cada espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura.

25 de outubro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.