publicidade hoxe

O concerto “Mestre da Polifonia Ibérica” no ciclo de Outono que se desenvolve na Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoO SaviñaoParada de SilRibas de Sil
A-
A+

O domingo 20 de outubro tivo lugar o concerto “Mestre da Polifonia Ibérica” enmarcado no ciclo de Outono que se está a desenvolver na Ribeira Sacra. Trátase dunha acción promovida pola Consellería, que ten como obxectivo poñer en valor a musica en diálogo coa cultura da zona, e é unha das accións coas que se está a demostrar o respaldo da Xunta de Galicia á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

O ciclo, en cuxa organización participa o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, consta deste e outro concerto que se celebrará o vindeiro 2 de novembro e nas que intervirán, respectivamente, as formacións de música vocal Vox Stellae e Vox Organalis.

Este programa de concertos ten entre os seus obxectivos poñer en valor o diverso patrimonio cultural da zona, a través duns concertos nos que se percorren diversos estilos musicais en espazos arquitectónicos singulares. Trátase dunha aposta da Xunta arredor da música e do patrimonio dentro dunha zona da Galicia interior.

De feito, estes dous concertos achegan os diversos repertorios de música vocal que ofrecen cada unha das dúas formacións a senllos escenarios de especial significado histórico-artístico: o Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil) e a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).

Mestres da polifonía

O concerto do domingo, a cargo do Vox Stellae, titulado “Mestres da polifonía ibérica”. Esta formación, fundada no ano 2002 e que aborda no seu repertorio un abano musical que vai dende o canto gregoriano ata a música contemporánea, fará un percorrido pola música polifónica na península, a través dunha vintena de obras, na que se mesturan obras relacionadas con mestres como Cristóbal de Morales e Tomás Luis de Victoria con outras de carácter eminentemente relixioso.

Polo que respecta ao día 2 de novembro, Vox Organalis levará a súa proposta vocal á igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, un enclave estreitamente ligado co título do concerto (Do Codex Calixtinus á exaltación do viño), porque o punto de partida da escolma de obras que presentará Vox Organalis vai dende a época da que data o famoso manuscrito, a mesma na que se considera que foi construído o templo do Saviñao, ata os estertores da Idade Media.

21 de outubro de 2013 | 09:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.