O Concello de Vigo sufraga o aluguer do local da AVV Praza da Miñoca
O alcalde e membros da Asociación de Veciños asinaron hoxe martes o convenio de colaboración polo que o goberno local achega 4.250 euros para o aluguer do seu local, mentres non estea disponible a nova sede que constrúe o Concello con 900.000 euros de orzamento. A estimación é que poida estar concluída a finais de 2014.











