O Concello de Vigo incorpora a La Caixa como colaborador co deporte na cidade olívica

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O Concello e La Caixa asinarán un convenio de colaboración para cooperar no finanzamento do deporte local a través da Fundación Vigo en Deporte (Vide). Tal e como dixo Caballero logo de recibir a responsables da entidade financeira, estes trasladaron ao alcalde o seu interese en participar en novas liñas de desenvolvemento de obra social na cidade. Nestes momentos, La Caixa conta con 34 oficiñas e 122 traballadores na cidade, ademais dunha “importante acción económica e obra social”.

2 de outubro de 2013 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.