O Concello de Pontevedra mantén activada a alerta por temporal durante as vindeiras horas
O Concello de Pontevedra activou onte o dispositivo de emerxencia con motivo do temporal que sufriu o concello na tarde noite de onte. Neste operativo participaron, como é habitual, Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, servizos técnicos, as empresas concesionarias e colaboradoras co Concello. Esta alerta aínda está activida á espera da evolución do tempo nas próximas horas.
As intervencións foron distintas aínda que de pouca entidade, con carácter xeral. Levantáronse tapas de rexistro nas rúas Gorgullón, Otero Pedraio, avenida da Coruña, Rosalía de Castro, José Malvar, no Marco na maioría dos casos debido ás importantes chuvias que fixo que non deran tragado os sumidoiros.
Tamén se rexistraron espazos anegados en Lérez, Fernando Olmedo, o Marco, a avenida de Bos Aires, os Areás entre outros espazos. Tamén se rexistrou a caída dunha árbore no lugar de Cunchidos en San Vicente de Cerponzóns ou a caída de cascotes no edificio número 48 da
rúa Rosalía de Castro.











