O Concello de Ourense asina un convenio cos Colexios Oficiais de Aparelladores e Arquitectos para realizar a Inspección Técnica de Edificios
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, Ignacio de Juan Frígola, presidente do Colexio Oficial de Aparelladores, arquitectos técnicos e enxeñeiros de Edificación de Ourense e José Jaime Vázquez Iglesias, asinaron esta mañá, no Salón de Plenos do Concello, o convenio que ten por obxecto establecer o réxime de colaboración entre o Concello e os Colexios para mellorar a execución dos informes da Inspección Técnica de Edificios. No caso que sexa necesario, para a execución subsidiaria das obrigas contidas na Ordenanza Municipal “reguladora do deber de conservación, inspección técnica de edificacións e da declaración de ruína” fundamentalmente, no que se refire á redacción do informe da ITE de oficio por parte do Concello.
O fomento da conservación das edificacións municipais, a súa inspección e a regulación das situacións de ruína, veñen a implementar a cultura da rehabilitación para evitar a degradación progresiva do patrimonio edificado e o deterioro urbanístico e social de áreas urbanas sensibles, como o casco vello ou o perímetro rural da cidade.
A Ordenanza recolle, en primeiro lugar, o deber de conservación ao que están obrigados tódolos propietarios e propietarias de terreos, solares, edificios e carteis, que deben presentar un informe, coa descrición dos danos e deficiencias que puidesen presentar e as súas causas, as actuacións necesarias para solventalas, a situación urbanística do inmobles e o prazo para cumplir a execución.
Coa sinatura do convenio os Colexios profesionais comprométense á difusión da ordenanza e a organizar cursos de formación técnica respecto da elaboración dos informes da Inspección Técnica de Edificios (ITE) dacordo cos modelos oficiais recollidos na ordenanza e en colaboración con técnicos municipais.
A sinatura do convenio non ten unha contrapartida económica para o Concello de Ourense e refírese a un acordo entre colexios e a institución municipal de intercambio de información, fixación de honorarios e a elaboración dunha lista de técnicos que poidan realizar os informes co fin de facilitar a redacción dos mesmos para aqueles que teñan que pasala inspección do seu edificio neste ano e ao longo do 2014.
O convenio ten vixencia polo período dun ano, prorrogable tácitamente, polo mesmo prazo, se ningunha das partes amosa a súa discorformidade.
Están obrigados a cumplir coa inspección tódolos propietarios titulares de calquera tipo de edificación situada no termo municipal, con independencia do seu uso ou destino: vivendas, oficinas, comercial, industrial…, excepto as edificacións declaradas en ruína por resolución firme.
Aos efectos de facilitar a aplicación da Ordenanza implantarase de xeito paulatino, establecendo a antigüidade das edificacións como criterio para realizar o trámite:
– Os edificios anteriores ó ano 1910, inclusive, e os catalogados, aqueles declarados como ben de interese cultural, puideron presentar a ITE ata o 31 de decembro de 2011 con carácter voluntario e agora ata decembro de 2013 están en periodo obrigatorio
– Edificios entre 1911 e 1950, ambos inclusive, ata o 31 de decembro de 2013
– Edificios entre 1951 e 1965, ambos inclusive, ata o 31 de decembro de 2014
– Edificios entre 1966 e 1975, ambos inclusive, ata o 31 de decembro de 2015
– Edificios entre 1976 e 1980, ambos inclusive, ata o 31 de decembro de 2016
– Edificios de entre 1981 e 1986, ambos inclusive, ata o 31 de decembro de 2017
– Os edificios posteriores a 1987, inclusive, e os que cumpran 30 anos, durante 2018
Aqueles edificios que están suxeitos á ITE foron expostos no padrón municipal e poden ser consultados na web do concello de Ourense, www.ourense.es.
Concesión de axudas municipais para a subvención parcial do custe da redacción do Informe da ITE
Así mesmo, o Concello aprobou as bases polas que se rexen a convocatoria de subvencións da realización de informes da ITE para aqueles propietarios ou propietarias que demostren escasez de recursos para afrontar os gastos derivados da redacción do informe.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as seguintes persoas:
– As persoas físicas que sexan propietarias de inmobles de uso residencial que acrediten escasez de recursos económicos suficientes para a asunción do custe derivado da emisión do informe, non superando o 2,5% do IPREM e non sendo titular douitro inmoble de natureza urbana ou rústica no término municipal.
– As comunidades legalmente recoñecidas que poidan ostentar a titularidade do inmoble.
A cuantía subvencionable non superará o custe do 50% do informe e por importe máximo de 200 euros por solicitante.
Todos aqueles interesados e interesadas que cumplan os requisitos poden presentar os formularios por Rexistro Xeral do Concello de Ourense. Os formularios están dispoñibles nos anexos das bases de convocatoria de subvención na páxina web do Concello de Ourense: www.ourense.es, no apartado de Urbanismo e no Boletín Oficial da Provincia
Contido e natureza dos informes
O informe realizado dará conta de se a edificación reúne as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación estructuráis, facendo referencia ao estado da estructura, cimentación e fachada, estado de conservación de cubertas e azoteas, estado das redes xerais de fontanería e saneamento e estado xeral dos elementos comúns como portais ou escaleiras, e paralelamente indicará as medidas a levar a cabo polos propietarios en caso de ser necesario.
Ademáis, os propietarios deben acompañar ao informe de inspección unha ficha técnica sobre a edificación na que se deben incluír os detalles relativos á súa situación xurídica, arquitectónica, urbanística e o seu réxime de ocupación.
Ambos documentos, informe e ficha deben ser presentados no Rexistro Xeral do Concello de Ourense e no Colexio profesional que corresponda.
En caso de informe desfavorable, os propietarios do inmoble deben sufragar as obras para o mantemento e conservación do edificio, e deberán solicitar licenza municipal para proceder a execución das obras indicadas no informe e nos prazos que no mesmo se determinen e posteriormente facendo constar a subsanación das deficiencias no Rexistro de Inspección Técnica da Edificación”, no que queda constancia da data de presentación e do contido de cada un dos informes e fichas de edificación presentadas, e que foi creado expreso coma organismo de control do proceso de inspección.
De non presentarse o informe no prazo previsto, os propietarios serán requeridos para a súa realización nun prazo de 3 meses. De transcurrir este prazo sen que se presente o informe, o Concello poderá actuar de oficio e a custa dos obrigados.











