O Concello de Oleiros elabora uns cadros didácticos para interpretar a costa oleirense e o seu patrimonio
O Concello de Oleiros elaborou un conxunto de cadros didácticos que permiten coñecer de forma rápida e amena as principais características da costa oleirense. Os paneis serán utilizados como material de apoio en conferencias e diferentes actos, así como en exposicións, ao longo dos próximos meses co obxectivo de que o seu contido logre transmitir a riqueza do litoral do municipio, fomente o seu gozo e xere a conciencia necesaria entre a poboación para que contribúa á súa conservación. Así mesmo, nun futuro, os paneis serán instalados nos centros de educación pública do municipio, para que a mocidade de Oleiros poidan consultalos.
Baixo o nome «Oleiros é mar», a información estrutúrase por diversas temáticas estas cinco infografías. Deste modo trátanse asuntos como o patrimonio cultural, a tradición e cohesión xeracional, a biodiversidade ou a propia historia. Os cadros recollen de forma pormenorizada, o pasado, presente e futuro do litoral oleirense.











